Obradoiro Audiovisual

Obradoiro Audiovisual

 

O Obradoiro consiste en facer unha peza audiovisual coas mozas e mozos para a promoción da inclusión e a igualdade.

Mediante este traballo no que participan en todas as fases do proxecto, aportando na creación da idea e o guión, na producción, realizando e apoiando nas funcións técnicas do equipo, sonido, iluminación, cámara, estilismo (vestuario, maquillaxe, etc), e nas artísticas, como actrices e actores, aprenden de maneira práctica e creativa.

Contido

Sesión 1:
Introducción ao Audiovisual.
Cinema e Video.
Fases do proceso de desenrolo do proxecto.
Creación da Idea.

Sesión 2:
O Guión.
Desenrolo e creación do guión cinematográfico.

Sesión 3, 4, 5 e 6:
A Rodaxe.
Equipo humano, funcións.
Equipo técnico, material empleado.
Localizacións.
Grabación

Obxectivos deste Obradoiro Audiovisual

Educativo

As e os participantes aprenden como é o mundo do cinema dende dentro, en tódalas súas fases da creación.
O cinema xa non volverá a ser igual. Aprenden sobre unha muller referente da historia e edúcanse cos valores do respeto, igualdade e da colaboración en equipo para un proxecto común.

Creatividade

Coas ferramentas deste obradoiro atopan outras formas de expresión e creatividade artística.
Na creación da peza audiovisual con todas e todos os participantes, se estimulan as capacidades de cada persoa e a participación en equipo, sempre cunha perspectiva de inclusión e igualdade.

O resultado deste traballo en equipo reforza a súa autoestima no caso das mozas e a súa empatía no caso dos mozos, para unha mellor integración na sociedade.

Visibilidade

A presentación da curta resultante se fará cunha estrea co todo o equipo, familias, etc, onde tamén se proxectará o “Making-Of”, que mostra como foi o proceso de grabación e o traballo das e dos participantes.

Se fará entrega dun diploma de participación ao obradoiro.
Con este proxecto tamén se lle da visibilidade ao traballo do Concello.

Estrea

A presentación da curta resultante se fará cunha estrea co todo o equipo, familias, etc, onde tamén se proxectará o “Making-Of”, que mostra como foi o proceso de grabación e o traballo das e dos participantes.

Se fará entrega dun diploma de participación ao obradoiro e dunha copia do filme.

 

#Formación #Prixma #NovosCamiñosNaCreación #Experimentación

Etiquetas: